Pequenas pantallas alimentadas por USB

mércores, 10 de decembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 26.1 KB

O uso de pequenos monitores para presentar información adicional era unha das funcións que quería potenciar Windows Vista, e aínda que non estea a espallarse tanto como se agardaba, Hanwha lanzou unha serie de pantallas LCD de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles que se conectan ao PC a través de USB sen precisar alimentación adicional e que incluso contan coa posibilidade de funcionar en vertical ou en horizontal (a pantalla é xiratoria).
Estas orixinais pantallas chegan en dous modelos, o UM-710 e o UM-730 que se diferencian en que o último incorpora unha webcam de 1,3 Mpíxeles e un micrófono, vendéndose a 16.800 e 19.800 iens (139,44 e 164,34 euros) respectivamente. Funcionan baixo os sistemas operativos Windows Vista SP1 e Windows XP SP3.

JPEG - 21.7 KB
As pantallas son xiratorias

PUBLICIDADE