Pepephone estrea unha tarifa con 19 GB de datos e 5.001 minutos en chamadas por só 19,9 euros/mes
mércores, 24 de maio do 2017
Non son poucos os usuarios que queren gozar de tarifas
móbiles cun esaxerado volume de datos incluÃdos dado que fan un consumo
intensivo de contidos audiovisuais fóra do fogar ou porque, simplemente,
carecen de banda larga fixa, de aà que conseguiran certa sona tarifas como a xa
clásica SinfÃn de Yoigo, á que vén
de aparecerlle unha dura competidora da man de Pepephone: La Inimitable.
Até o momento Pepephone levaba as súas tarifas móbiles até os 10 GB de datos,
pero con esta
nova tarifa conseguen a que parece ser un dos mellores prezos por GB do
mercado, xa que por 19,9 euros/mes achega 19 GB de datos e 5.001 minutos en
chamadas. Superados os datos contratados pasarÃa a pagarse 1 céntimo por cada
MB excedido, ou sexa, que nunca baixarÃan a velocidade. Para que nos fagamos
unha idea do que poden dar de si 19 GB no móbil, dende Pepephone comentan que
equivalerÃa a reproducir máis de 60 horas de contidos de Netflix.
Esta nova oferta é compatible coa oferta converxente de Pepephone (ou sexa, que
supón un aforro para os usuarios que tamén contraten ADSL ou fibra coa mesma
compañÃa.