Pentax amosa a súa última cámara sen espello

xoves, 2 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

No mes de marzo chegará ás tendas a cámara dixital sen espello Pentax K-01, que terá lentes intercambiables e un corpo deseñado polo deseñador industrial londiniense Marc Newson, e que, aparte dunha estética realmente rechamante, conta cun sensor CMOS de 16 Mpíxeles, gravación de vídeo a 1.080p e un rango ISO de 100 a 25.600. Segundo Nikon sería a cámara con lentes intercambiables máis delgada do mundo e venderase en negro, branco ou amarelo a un prezo que previsiblemente quede en 749,95 dólares (sen lente) ou 899,95 dólares (cunha lente de 40 milímetros).
A Pentax K-01 será capaz de disparar 6 fotografía por segundo, contará con funcións manuais e modo RAW, e tamén achegará modos creativos e filtros, así como modos de timelapse e HDR.

A Pentax K-01 poderase adquirir en 3 cores distintas

PUBLICIDADE