Péndulo Studios pechou hai meses (sen comunicalo publicamente)

luns, 6 de outubro do 2025 Marcus Fernández

O ano pasado saíu á luz que Pendulo Studios quedaba sen o 43% dos seus traballadores mediante un ERE, e pouco máis se soubo da compañía ata que hai preto dun ano lanzou unha actualización do videoxogo Tintin Reporter: Los Cigarros del Faraón que permitía gozar do xogo con textos en galego.
Tras un tempo sen saber nada deste emblemático estudio de videoxogos español, dende MeriStation desvelan que tras o fracaso do mencionado xogo baseado en As Aventuras de Tintín: Os Xarutos do Faraón decidiron deter todas as operacións sen comunicalo de xeito oficial. Ou sexa, que en marzo de 2025 Pendulo Studios pechou as súas portas, deixando incluso a traballadores sen cobrar (en declaracións dun antigo empregado da empresa), o que supón un triste adeus para unha compañía que creou numerosas aventuras gráficas que marcaron unha época, e que ousou a adaptar historias de banda deseñada de grande sono no mercado europeo como son Tintín e Blacksad.