Parrot deixa o mercado dos minidróns

venres, 19 de xullo do 2019 Marcus Fernández

Hai uns anos o fabricante Parrot soubo subir ao carro dos drons, uns produtos emerxentes no mercado de consumo, no que teñen actualmente unha completa liña de produtos profesionais, que convivía con toda unha serie de minidróns¸ ou sexa, drons de xoguete, que conseguiran unha grande presenza comercial grazas á súa diversidade (xa que aproveitaron o seu deseño para facer robots voadores, terrestres e acuáticos).
Pero a competencia asiática é moi dura, e cada vez hai máis minidrons de fabricación chinesa con prezos moi reducidos, que fan complicado xustificar o prezo de certos produtos de Parrot, de aí que non sorprenda a confirmación dende Wirecutter do cesamento da actividade neste sector de mercado.
Parrot confirmaría que xa non fará máis drons de xoguete, polo que a presenza dos últimos Parrot Mambo e Parrot Swing en tendas en liña sería basicamente unha liquidación de produtos.

O Parrot Swing é un orixinal minidrón que funciona en modo cuadricóptero ou avión

PUBLICIDADE