Paquito Mix, o tabletófono para cativos de Imaginarium

venres, 24 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Dende Imaginarium continúan a apostar pola tecnoloxía para os cativos, e tras o éxito das súas tabletas atrévense agora a comercializar un tabletófono. Trátase concretamente do Paquito Mix, un smartphone con pantalla de 6 polgadas cunha resolución de 854 x 480 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), dobre SIM, Wi-Fi, GPS, cámaras de 8 e 0,3 Mpíxeles, e batería de 2.000 mAh, que en especificación é un terminal de gama baixa que como principal atractivo ten o incorporar unha solución de control paterno, para que os proxenitores poidan estar tranquilos sobre os contidos ao que pode acceder o seu cativo dende o móbil.
O Paquito Mix funciona con MagicOS X, un Android cunha capa gráfica personalizada, que busca resultar atractivo para os cativos, aínda que a súa principal barreira para chegar aos máis pequenos parece ser o seu prezo, que é de 149 euros.

PUBLICIDADE