Papyre pad 970, un novo tablet pensado para escolares

luns, 18 de xuño do 2012 Marcus Fernández

A compañía español Grammata, coñecida principalmente polos seus eReaders baixo a marca Papyre, vén de incorporar ao seu catálogo un interesante tablet que vende a un prezo de 249 euros e que combina unha pantalla táctil IPS de 9,7 polgadas (cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles), o sistema operativo Android 4.0.3, cámaras frontal e traseira de 2 Mpíxeles, Wi-Fi, USB, saída HDMI e unha colección de contidos Grammata (formada por 100 e-books ao que sumar outros 500 libros electrónicos descargables).
O Papyre pad 970 funciona cun procesador Boxchip A10 a 1,5 GHz cunha gráfica Mali 400, conta con 1 Gb de RAM e 16 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD/SDHC de ata 32 Gb, batería de 8.000 mAh (o que permitiría reproducir vídeo durante 8 horas seguidas), cunhas medidas de 242 x 189 x 9 milímetros e un peso de 630 gramos, que pode lembrar a moitos tablets semellantes que chegaron ao mercado nas últimas semanas, pero co respaldo de Grammata, o que implica que, entre outras cousas, o dispositivo veña configurado pensando nun público escolar, incluíndo aplicacións precargadas como un atalas universal, a Wikipedia para a súa consulta fóra de liña, dicionarios inglés-español, axenda escolar, conversor de medidas, táboa periódica de elementos e ata un laboratorio virtual que emula experimentos de química.
Temos así un trebello cunha aparencia externa semellante á dun iPad 2, pero cun prezo inferior e capacidades suficientes par ao lecer multimedia e o uso da web e numerosas aplicacións móbiles.

O novo tablet de Grammata permite unha boa experiencia de navegación web

PUBLICIDADE