Pantech presenta un tabletófono con pantalla Full HD de 5,9 polgadas
luns, 28 de xaneiro do 2013
O sector dos tabletófonos continúa a raiar o absurdo, con
pantallas cada vez máis grandes, que agora teñen que sumar unha densidade de
pÃxeles moi elevada para poder ser considerados uns produtos de alta gama
realmente rechamantes, e para conseguir tal dende
Pantech presentan o novo Vega nº 6, un smartphone con Android 4.1 que conta
cunha enorme pantalla IPS de 5,9 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080
pÃxeles que polo momento só ten garantida a súa distribución en Corea do Sur.
O Pantech Vega Nº 6, cun prezo de 849.000 wons (578,56 euros) deixa claro que
apunta alto, e non só ten unha grande pantalla Full HD (converténdose no
primeiro móbil dese tipo en Corea), senón que tamén conta con conectividade
LTE, un procesador Snapdragon S4 Pro, cámara traseira de 13 MpÃxeles e unha
cámara frontal de 2 MpÃxeles capaz de gravar vÃdeo Full HD a 30 imaxes por
segundo (ideal para auto-fotos e auto-vÃdeos) e unha baterÃa de 3.140 mAh, colocándose
nun rango de prestacións nas que son poucos os competidores que atopará no seu
mercado.