Pantalla secundaria de 7 polgadas de Panasonic

venres, 6 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Distintos fabricantes de informática están a lanzar nos últimos meses pequenas pantallas secundarias para o ordenador que se conectan por USB (porto do que incluso achegan a alimentación eléctrica) e que estarían destinadas a presentar información relativa á reprodución multimedia, a cotización bolsista, as predicións meteorolóxicas… ou sexa, os típicos gadgets ou widgets que resultan moi prácticos pero que ocupan espazo no noso escritorio, o que se pode suplir con pantallas como a Samsung SyncMaster U70, que nas súas 7 polgadas e cunha resolución de 800 x 480 píxeles opera como monitor secundario en Windows.
Esta pantalla ten un brillo de 200 nits, unha relación de contraste de 400:1, un ángulo de visión de 140 graos e un prezo de 99 euros.

PUBLICIDADE