Panasonic presenta un tablet de ultra alta definición

venres, 6 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Panasonic presentou estes días o primeiro tablet con pantalla 4K do mercado, que estará dispoñible en Europa a partir do mes de novembro, aínda que cun prezo bastante prohibitivo (o modelo estándar custaría 4.508 euros). O Panasonic Toughpad 4K facilita que fotógrafos, arquitectos, cineastas e outros profesionais creativos poidan gozar de tecnoloxía tablet cunha alta resolución, podendo empregar tamén a pantalla cun lapis para unha maior calidade.
Este atractivo dispositivo funciona con Windows 8.1 Pro, a súa pantalla IPS de 20 polgadas ten unha resolución de 3.840 x 2.560 píxeles), funcionará cun procesador Intel Core i5-3437U vPro a 1,9 GHz (no caso do modelo UT-MB5), contará cunha gráfica nVIDIA GeForce 745M, equiparase con 4/8 Gb de RAM e 256 Gb de SSD, integra USB 3.0 e lector de tarxetas SDXC, ten cámara frontal de alta definición, o seu grosor é de 12,5 milímetros e o seu peso de 2,3 quilogramos (polo que non é tan portátil como outros tablets, pero claramente non está pensado para un uso no aire como outros tablets, sendo máis habitual empregalo no escritorio).
Este tablet está reforzado para uso de negocios, o que no implica unha resistente ante golpes e líquidos, pero si unha maior resistencia que os tablets habituais.

PUBLICIDADE