Panasonic presenta cámaras con sensor 3MOS capaces de gravar a 1.080p a 60 fps
mércores, 10 de febreiro do 2010
O catálogo de cámaras de vÃdeo
compactas de Panasonic vén de incorporar novos modelos de cámara que destacan
por utilizar un sistema de sensores 3MOS e ser as
primeiras en gravar ata a 1.080p a 60 fotogramas por segundo, o que
resulta abraiante para uns dispositivos que non pertencen á liña profesional.
A Panasonic
HDC-HS700 conta cunha óptica de 35 mm de Leica, zoom de 12 x, disco
duro de 240 Gb e fenda para tarxetas SD, mentres que a
HDC-TM700 substituirÃa o disco duro por unha unidade de memoria
sólida de 32 Gb e a
HDC-SD700 prescindirÃa da memoria interna (gravando só en tarxetas
SD/SDHC e SDXC de ata 64 Gb).
Estas novas cámaras son capaces de tomar imaxes fixas de 14,2 MpÃxeles, gravan
son envolvente 5.1 grazas aos seus 5 micrófonos integrados e deberÃan chegar ao
mercado británico o 1 de marzo aos seguintes prezos: 1.199,99 libras (1.366
euros) a HDC-HS700, 999,99 libras (1.338 euros) a HDC-TM700 e 899,99 libras
(1.025 euros) a HDC-SD700.