Panasonic comercializará lentes para adaptar ás 3D as súas cámaras micro catro terzos
mércores, 28 de xullo do 2010
Dende Panasonic parecen empeñados en popularizar as 3D na gravación
de vÃdeo e na toma de imaxes fotográficas, e tras o anuncio da primeira
cámara estereoscópica para o mercado doméstico, a HDC-SDT7500, agora
sorprenden cunha lente
para as cámaras LUMIX G, de xeito que quen teña unha desta cámara micro catro terzos poderán empregar a
nova lente que funciona coma uns binoculares ultra-compactos de xeito que
empregan un único sensor para captar as imaxes correspondentes a ambos ollos,
de xeito que pode recrearse logo a visualización estereoscópica, por exemplo,
en televisores VIERA con capacidades 3D ou en reprodutores Blu-ray 3D.
A nova lente (actualmente en fase de prototipo) sairá ao mercado antes de
rematar o ano, e é
de agardar que veña acompañada cunha actualización do firmware das cámaras LUMIX
G para xerar arquivos compatibles cos sistemas 3D que vaia xurdindo
no mercado.