Pagan 660.000 dólares por un cartucho de Super Mario Bros.

luns, 5 de abril do 2021 Marcus Fernández

O pasado verán en Heritage Auctions ofreceron 114.000 dólares por unha copia sen abrir do xogo Super Mario Bros. para NES, converténdose na meirande cantidade pagada por un único xogo até agora, xa que polo mesmo xogo, aínda que nun mellor estado de conservación, pagaron 660.000 dólares, o que supón unha nova marca histórica que está tan distanciada das anteriores que parece difícil de superar a medio prazo.
Cómpre lembrar que as copias de Super Mario Bros. que están tan valoradas corresponden ás primeiras unidades comercializadas nos EE.UU. en 1985, cunha tiraxe moi reducida, de xeito que poden considerarse auténticas rarezas, aínda que o prezo acadado na poxa nesta ocasión semella moi difícil de xustificar, xa que multiplica por catro as cantidade pagadas polo mesmo xogo en poxas anteriores.

PUBLICIDADE