Packard Bell iMax mini: pequeno e ¿copión?
xoves, 28 de maio do 2009
Packard Bell presentou
oficialmente o seu novo ordenador de tamaño reducido iMax
mini, que funciona cun procesador Intel Atom N230, 2 Gb de RAM, 250
Gb de disco duro, 6 portos USB e saÃda HDMI, e cun aspecto que provocaba unha
sensación de déjà vu, pois resulta
que realmente é unha versión remarcada do Acer
AspireRevo.
Packard Bell pertence ao grupo de empresas de Acer, pero non deixa de ser
rechamante que apareza no mercado un equipo tan peculiar baixo dúas marcas diferentes.