Packard Bell estrea ultraportátil
venres, 14 de novembro do 2008
Seguindo os pasos
de Airis, Dell, Acer, Medion, Advent, Asus e moitos outros fabricantes, Packard
Bell tamén entra na competición dos ordenadores ultraportátiles que parecen
estar a vender cada dÃa máis, e gozan de moi boa aceptación por parte do
público pese a que non substitúen aos ordenadores máis tradicionais.
O novo Packard
Bell Dot ten unha pantalla de 8,9 polgadas cunha resolución de 1.024
x 600 pÃxeles, funciona cun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, vén con 1 Gb
de RAM, 160 Gb de disco duro, Wi-Fi, 3 portos USB 2.0, saÃda VGA, lector de
tarxetas de memoria e webcam.
Inclúe o sistema operativo Windows XP, mide 254 x 189 x 39 milÃmetros e pesa
1,25 quilogramos, polo que estarÃa dentro dos parámetros máis habituais deste
tipo de dispositivos, vendéndose
a un prezo de 339 euros en España dende estes dÃas.
O equipo parece ser lixeiramente máis barato que os seus competidores, pero
esta diferenza de prezo poderÃa estar xustificada pola ausencia de
conectividade Bluetooth.