PS Now baixa de prezo e promete novos xogos populares cada mes

martes, 1 de outubro do 2019 Marcus Fernández

JPEG - 80.6 KB
PS Now non só baixa de prezo, tamén reforzará o seu catálogo de xogos

O servizo de xogos PlayStation Now chegou a España hai poucos meses, e semella ter serios problemas para consolidarse, xa que as opcións de xogo a través de streaming distan moito de ser satisfactorias (os xogos de PS3 a 720p non se visualizan todo o ben que sería desexable e o retardo fai que certos títulos resulten inxogables) e o catálogo de xogos que permiten a súa instalación en local é bastante pobre (apostando pola cantidade en vez de pola calidade), de aí que non sorprenda que decidisen rebaixar o seu prezo considerablemente, para atraer a máis xogadores de PS4.
A partires de agora a subscrición a PS Now pasa a custar 9,99 euros/mes, 24,99 euros/trimestre e 59,99 euros/ano, o que supón un desconto de até o 40%. Amais, conscientes da pobreza do catálogo de xogos incluídos na subscrición (que pese a contar con máis de 700 xogos, poucos son auténticos imprescindibles), incluirán por tempo limitado (só 3 meses) os xogos God of War, Grand Theft Auto V, inFAMOUS Second Son e Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón; prometendo que cada mes engadirán novos xogos populares, buscando así que este servizo non se vexa totalmente eclipsado polo de Xbox, que pese a corresponder a unha consola con moito menos éxito, ten unha aceptación moi ampla (e a garantía de contar con todos os lanzamentos first party de Microsoft).

Vídeo co que anuncian os novos xogos que chegan a PS Now

PUBLICIDADE