PQI lanza a memoria USB 3.0 máis cativa á venda
luns, 9 de maio do 2011
Agora que comezan
a chegar ao mercado equipos con portos USB 3.0, que permiten unha maior
velocidade que os USB 2.0 (5 Gbps fronte a 480 Mbps), as memorias USB tamén
modernÃzanse, e PQI presenta as unidades Traveling Disk Intelligent
Drive U819V, que promete ser o dispositivo deste tipo máis pequeno do mundo
cunhas dimensións de 31,5 x 14,8 x 7,3 milÃmetros e un peso de 3,6 gramos.
Estas novas unidades chegarán ás tendas en capacidade de entre 4 e 32 Gb, son
compatibles con portos USB 2.0 e 3.0, as súas carcasas buscan unha boa
disipación da calor para evitar problemas tras un uso intensivo e o seu deseño
está pensado para facilitar o seu transporte, polo que estamos ante unhas
unidades ideais para usuarios viaxeiros.