PIX, unha mochila con pantalla controlable co móbil
xoves, 23 de agosto do 2018
En
Kickstarter vén de botar a andar unha
interesante campaña de micromecenado para que a primeiros de 2019 poida ser
realidade PIX, a primeira mochila animada
conectada, que permitirá controlar a súa aparencia dende o smartphone, xa
que a superficie integra un panel de LED de cores nos que presentar imaxes,
animacións, xogos e outros contidos que elixamos para reflectir a nosa
creatividade e incluso para utilidades moi prácticas como poderÃa ser o seu
aproveitamento como elemento de sinalización.
O usuario pode elixir a imaxes que se presenta no panel traseiro da mochila
dende o seu móbil, podendo personalizar totalmente estes contidos a través dunha
aplicación para iOS e Android, aÃnda que tamén pode aproveitarse para amosar
información como a hora, información meteorolóxica ou notificacións do móbil
(pensando principalmente en que non sempre levamos a mochila a costas).
Esta mochila con 27 libros de capacidade, de 1 quilo de peso e resistente á
auga e aos golpes, integra unha baterÃa de 20.000 mAh que servirÃa para
alimentar a pantalla de 16 x 20 pÃxeles durante até 12 horas seguidas, e está
dispoñible por a partires de 199 dólares, aÃnda que é posible que moitos
usuarios opten por facer unha achega de 299 dólares ao proxecto para asà poder
recibir xunto á mochila PIX un mando a distancia para poder colocalo no guiador
da bicicleta e asà poder aproveitar a mochila como un sistema de sinalización
alternativo aos intermitentes e á luz de freo.
VÃdeo no que podemos ver como serÃa o uso da mochila PIX en bicicleta
VÃdeo promocional da campaña de micromecenado de PIX en Kickstarter