PES 2011 e o novo God of War estrean demos
mércores, 8 de setembro do 2010
Dende hoxe, os
usuarios de PlayStation Plus poden acceder en primicia a dúas versións de
demostración de xogos moi agardados para comprobar en primeira persoa as
súas virtudes antes que o resto de usuarios das consolas de videoxogos de Sony.
O primeiro xogo do que adiantan demo é o Pro
Evolution Soccer 2011, na que o usuario poderá elixir entre un limitado
catálogo de equipos (Barcelona, Bayern Munich, Chivas Guadalajara e
Internacional) para probar o novo sistema de control e os gráficos que achegará
a nova entrega do Pro Evolution Soccer,
para axudar a decidir a moitos xogadores entre este tÃtulo ou o seu principal
competidor (o FIFA de EA Sports). A
semana que vén estará dispoñible esta demo para todos os usuarios da PS3.
Pero os usuarios da PSP ou a PSPgo estarán aÃnda máis impacientes por poder probar
God of War: Ghost of Sparta, luxo
limitado aos usuarios de PlayStation Plus, mentres que o resto de mortais deberán agardar 3 semanas para
poder descargar este adianto do futuro xogo de Kratos, que por desgraza chega sen
traducir ao español (incluso os textos figuran en inglés).
Teaser de God of War: Ghost of Sparta
- O novo God of War para PSP será tan espectacular como a súa anterior entrega