PC Fit anima a facer exercicio fronte a computadora

xoves, 6 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O xogo fai uso dunha alfombra USB

Planeta DeAgostini porá á venda para a campaña de Nadal un novo videoxogo que facilitará a realización de exercicios diante do ordendor, PC Fit, que foi desenvolvido por La Factoria D’Imatges en colaboración con Polideportivos & Fitness.
PC Fit se venderá por 39,95 euros, aparte do xogo en si mesmo, incluirá unha alfombra USB que conta con 8 puntos sensibles á presión, que se empregará para o manexo dos minixogos integrados: ¡Topos!, Simon Steps, ¡Tapa las futas!, DJ Rhythm e Duel Dance.
Teriamos así un produto que mestura a dinámica dos xogos de baile coa dos títulos de exercicio físico, buscando que o usuario poida loitar así contra o sedentarismo. O uso dos xogos poderase orientar a distintos obxectivos, coma perder peso, gañar resistencia física ou aumentar o ton muscular, aínda que, coma no caso do famoso Wii Fit, hai que lembrar que estes xogos poden ser un bo complemento ao exercicio, non debendo entenderse coma un auténtico substituto do mesmo.

PUBLICIDADE