PC City poderÃa abandonar o mercado español
xoves, 31 de marzo do 2011
- A Coruña conta cunha tenda de PC City no Centro Comercial Elviña
O
grupo británico Dixons Retail, propietario da cadea de tendas de informática PC
City, anunciou que está
a estudar a posibilidade de abandonar España ante a debilidade que amosa o
noso mercado, o que sorprende tras ver a súa rápida implantación en Galicia,
onde ten presenza nas cidades de A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.
- Tenda de PC City na rúa do Horreo (Santiago de Compostela)
O comunicado que remitiu á Bolsa de Londres a compañÃa informa de que «co contorno de consumo en España amosando
novos signos de debilidade, o grupo iniciou un perÃodo de análise para estudar
todas as opcións posibles, que inclúe unha potencial saÃda das operacións nos
establecementos», pese a que a evolución das tendas españolas fora
satisfactoria, pois o seu negocio é «actualmente
deficitario debido en parte á crise económica», e o peche de PC City en
España suporÃa un aforro ao seu grupo duns 5 millóns de libras esterlinas (5,7 millóns de euros).
Actualmente PC City conta con 34 establecementos en España e 1.300
traballadores, aÃnda que nos últimos meses tivo que enfrontarse non só a un
ciclo económico negativo, senón tamén a un importante incremento da
competencia.