Overwatch supera os 15 millóns de xogadores e xera máis de 500 millóns de dólares

venres, 5 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Non parece que haxa dúbida en que nas consolas de videoxogos e ordenadores persoais o xogo do verán é Overwatch, título de Blizzard que a primeiros de xuño celebraba ter superado os 7 millóns de xogadores e que agora está a dar conta de que o seu crecemento non cesa e superou os 15 millóns de xogadores, converténdose no xogo da súa compañía que máis rápido chegou a tal volume de vendas.
Overwatch tamén conseguiu superar a Diablo III como o xogo máis rapidamente vendido para PC en China, e incluso está conseguindo substituír ao até o momento imparable League of Legends nos cibercafés surcoreanos. Amais, o xogo xa xerou máis de 500 millóns de dólares, confirmando que Blizzard estaría a rexistrar o seu mellor trimestre da historia, en boa medida por ter apostado polo xogo multi-plataforma en vez de pecharse ao PC como facía nos tempos de gloria do World of Warcraft.

JPEG - 118.8 KB
Overwatch está a levar a Blizzard a cotas de éxito sen precedentes

PUBLICIDADE