Ourense3D.com publica modelos tridimensionais dos edificios máis representativos de Ourense

luns, 12 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

JPEG - 38.5 KB
A Catedral de Ourense vista en 3D

O grupo de investigación de Informática Gráfica e Multimedia da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, en colaboración coa empresa ourensá Redegal, S.L., están a traballar nunha galería de modelos tridimensionais relacionados coa cidade das Burgas, dos que xa publican na Internet os da Catedral, o Auditorio, o Politécnico e o Tren das Termas, estando en preparación os modelos da Praza Maior, o edificio do Concello, a igrexa de Santa María Nai, a de Santo Domingo, a Prazo do Trigo, a Prazo do Ferro e o edificio monumental do Museo Arqueolóxico.
Estas reconstrucións tridimensionais se poden ver mediante a tecnoloxía QuickTime VR (que nos permite cambiar a perspectiva da vista de cada monumento), así como unha versión estereoscópica (que precisa de lentes para vela en 3D) e unha autoesteroscopía (que non permite a percepción nun 3D real, pero serve para levar unha impresión bastante completa dos modelos).
O proxecto que achega estas imaxes está dirixido polo profesor Celso Campos Bastos, quen declarou a La Voz de Galicia que a idea desta iniciativa é amosar o seu traballo «nunha web onde calquera persoa verá os edificios e demais modelos nas 3 variantes de visiión en tres dimensións que hoxe permite a tecnoloxía».

JPEG - 12.6 KB
Imaxe do doutor Campos publicada por La Voz

PUBLICIDADE