Os xogos violentos para as consolas de Nintendo fracasan en vendas
luns, 20 de abril do 2009- MadWorld é un dos xogos máis violentos do ano
As consolas de
videoxogos de Nintendo vense habitualmente coma dispositivos familiares, aptos para todos os públicos,
polo que algúns dos últimos lanzamentos dirixidos a maiores de 18 anos
resultaron rechamantes pero, pese a conseguir unhas crÃticas excelentes que os
converten case en insignias das súas plataformas, o público
non os recibiu ben, o que poderÃa facer perigar futuros xogos semellantes baixo
o selo de Nintendo.
A Wii conta xa cun par de tÃtulos violentos que realmente agradan aos hardcore gamers, coma son MadWorld e House of the Dead: Overkill, pero pese a ser un xogos de grande
peso, nos seus meses de estrea nos EE.UU. só
conseguiron vender 66.000 e 45.000 unidades nos EE.UU., o que serÃa unha
grande decepción (pois nese mercado a Wii conta cun parque de máis de 22
millóns de consolas).
- O GTA: Chinatown Wars poderÃa ter escandalizado por permitir o tráfico de drogas
Non estamos a falar dun fracaso dos xogos, pero si dunha acollida moito peor da
prevista, o que tamén se fixo notar no Grand
Theft Auto: Chinatown Wars, que apareceu coma o primeiro grande tÃtulos
adulto para a Nintendo DS, e nos EE.UU. só
vendeu no que vai de ano 500.000 copias
pese a que as estimacións da súa distribuidora estaba nos 2 millóns de
unidades. O mes pasado só colocaron 89.000 unidades, polo que o xogo xa está a
esmorecer nas tendas e, aÃnda que falamos dunhas boas vendas para case calquera
outro tÃtulo, ao estar a falar da primeira entrega da saga de GTA para a consola portátil de Nintendo
(cun parque norteamericano de 34 millóns de unidades) o resultado resulta
lamentable.
Curiosamente, nin o violentÃsimo MadWorld
(xogo que consiste en matar aos nosos inimigos do xeito máis orixinal posible, camuflando o seu gore cunha aparencia inspirada no cómic Sin City) nin o feito de que en GTA: Chinatown Wars aparecese un mini-xogo consistente en traficar con
drogas, causaron unha grande polémica coma outros tÃtulos anteriores, pero o
rexeitamento do público estarÃa presente onde máis doe ás compañÃas: nas
vendas.
Resulta un pouco precipitado chegar a conclusións a partir de tan poucos
lanzamentos (aÃnda que o feito de que esteamos a falar de xogos de altÃsima
calidade os fai máis relevante), pero os desenvolvedores de xogos poderÃan
tomar nota, e considerar que é demasiado arriscado lanzar tÃtulos para maiores
de 18 anos para consolas que non parecen orientadas a tal público, de xeito que
certos xéneros continúen illados en plataformas como a PlayStation 3 ou a Xbox
360.