Os últimos televisores de LG gozarán do Asistente de Google
martes, 8 de maio do 2018
Durante a pasada edición do CES de Las Vegas, LG adiantou
que os seus televisores con intelixencia artificial integrada lanzados este ano
integrarÃan o Asistente de Google, incluÃndo os televisores LG OLED e os da
gama LG Super UHD con ThinQ AI, e hoxe confirman
o inicio da activación nos televisores 4K, facilitando asà que poidan tirar
proveito de ordes de voz para controlar o televisor e reproducir contido, asÃ
como para acceder a información ou controlar distintos dispositivos de domótica.
Pese a que os televisores de LG funcionen con webOS, LG colaborou con Google
para permitir que o Asistente de Google poida operar como unha plataforma
aberta, facendo a vida máis doada para os usuarios, que tanto poderán cambiar
de canle mediante unha orde oral como realizar accións máis complexas como
conectar a unha barra de son ou instar a que o televisor se apague automaticamente
ao rematar o programa actual.
O inicio da activación do Asistente de Google nos televisores de LG comeza
agora en EE.UU. e nas vindeiras semanas producirase tamén en Europa.