Os torneos de Fortnite contarán con 100 millóns de dólares en premios

martes, 22 de maio do 2018 Marcus Fernández

O xogo Fortnite está a converterse no fenómeno da tempada, consolidándose como o título que maior proveito está a tirar do xénero dos battle royale, e dende Epic Games non queren deixar pasar a oportunidade para converter o seu éxito nun axente de peso no mundo dos eSports, polo que anuncian que destinarán 100 millóns de dólares para financiar os premios dos torneos das competicións de Fortnite durante a tempada 2018-2019.
Dende Epic Games aseguran estar quedarse atrás no xogo competitivo, polo que apostan por un enfoque diferente: ser máis inclusivos e centrarse no divertido que resulta xogar e ver xogar. Nas vindeiras semanas detallarán as estruturas competitivas e as plataformas elixidas para estes torneos que poden dar moito que falar nos vindeiros meses.

PUBLICIDADE