Os televisores QLED de Samsung buscan decorar o fogar cando non se usan

luns, 25 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Samsung anunciou hoxe a súa liña de televisores QLED 2019, que ofrecerá o novo Ambient Mode para amosar diferentes contidos, incluso coa pantalla do televisor apagada, podendo empregarse para amosar novas, a predición meteorolóxica, música ou fotografías, creando un espazo exclusivo no fogar.
Esta tecnoloxía foi unha das innovacións da gama QLED 2018, e recuncan na mesma tras ver como preto da metade dos compradores de televisores desta liña empregan tal función para decorar o seu fogar e crear ambientes máis cálidos e confortables. A funcionalidade tamén detecta a cor ou o patrón decorativo da parede que hai detrás do televisor e camúflase con esta.
Nesta ocasión Samsung colaborou con artistas como Tali Lennox e Scholten & Baijings para amosar obras de antes nos televisores QLED a través do Ambient Mode.

Os televisores QLED 2019 de Samsung conseguen integrarse no fogar creando ambientes confortables e elegantes

PUBLICIDADE