Os subscritores de PS Plus poden descargar xa Destiny 2
mércores, 29 de agosto do 2018
Tras a decepción
dos Xogos con Gold que Microsoft ofrecerá en setembro, Sony sorprende con
todo o contrario, ofrecendo dous grandes xogos de primeira liña para
PlayStation 4 a través de PlayStation Plus, como son o shooter de ciencia ficción Destiny
2 de Bungie (que conta
co galego LuÃs Tosar dando voz ao malvado Dominus Ghaul) e a versión
remasterizada de God of War III, de xeito que podemos lembrar o derradeiro capÃtulo
da historia de Kratos no seu periplo grego, agora que o personaxe está de
actualidade tras o lanzamento dunha nova saga ambientada na mitoloxÃa nórdica. Como
agasallo tamén se ofrecen de balde os xogos Petoons
Party (pertencente ao programa PS Talents), Saber
es Poder e Here
They Lie.
Os xogos de PlayStation 3 deste mes, Another
World – 20th Anniversary Edition e QUBE
Director’s Cut, teñen como sorpresa que poden xogarse tamén en
PlayStation 4 (e no caso do primeiro, tamén en PS Vita). E para PS Vita os
xogos de setembro serán Foul
Play (tamén xogable en PS4) e Sparkle
2.
Os xogos mencionados estarán dispoñibles para a súa descarga a partires do 4 de
setembro, agás Destiny 2, que pode
descargarse a partires de hoxe mesmo.
- God of War III foi a derradeira entrega da historia de Kratos no seu enfrontamento contra o panteón mitolóxico grego