Os profesionais terán que presentar as súas declaracións tributarias telematicamente
luns, 16 de setembro do 2013
O Ministerio de Facenda vai someter nos vindeiros dÃas a
información pública unha orde pola que dende
2014 comezará a eliminar as declaracións a man, que só poderán seguir a
utilizar as persoas fÃsicas que teñen a obriga de presentar a declaracións da
Renda.
O director da Axencia Tributaria (AEAT), Rufino de la Rosa, detallou nun
encontro informativo que a meirande parte de autoliquidacións e declaracións
informativas de natureza tributaria xa se presentan vÃa telemática, quedando un
colectivo de preto de 230.000 autónomos e profesionais que aÃnda empregan o
formato impreso, conectivo que en xaneiro xa terá que presentar o resumo anual
de IVE e retencións.
Para facilitar esta transición, a Axencia Tributaria contará cun sistema que
facilitará a realización dos trámites identificando aos cidadáns mediante o seu
número de NIF e a data de caducidade do DNI, tras o que recibirán unha clave de
acceso a través do móbil, o que pretende evitar as dificultades do manexo da
sinatura electrónica ou o DNIe.
En decembro realizarase unha campaña informativa dirixida aos afectados por
este cambio, que en 2014 aplicarase a todas autoliquidacións do IVE e que en 2015
incluirán tamén aos pagamentos fraccionados.