Os procesadores Intel Core H integrarán gráficas de AMD
luns, 6 de novembro do 2017
AÃnda que estamos afeitos a ver a Intel e AMD como dúas
compañÃas competidoras, non podemos esquecer que actualmente AMD é o fabricante
que está detrás da vella marca de gráficas ATI, grande competidor de nVIDIA, compañÃa
que está a liderar o seu sector, especialmente no que se refire a equipos para
videoxogos e realidade virtual, o que levou a que Intel anuncie agora unha
serie de procesadores dentro da 8ª xeración de procesadores Intel Core, os novos
Intel Core H, que integrarÃan gráficas discretas Radeon de AMD.
Dende Intel aseguran que o chip gráfico foi desenvolvido coa súa colaboración,
de xeito que estarÃa semi-personalizado,
e demostrarÃa que ambos fabricantes tanto poden competir entre si como
colaborar, o que supón unha grande vantaxe para o consumidor, ao que chegarán máis
innovacións.
A nova familia de procesadores busca principalmente equipar a equipos
portátiles que pese a ter un tamaño moi compacto, poderán ser capaces de mover
os últimos videoxogos.