Os principais eReaders baixan de prezo
martes, 22 de xuño do 2010
O lanzamento do iPad e a súa boa acollida está a afectar seriamente ao
sector do eReaders, que ven como os consumidores retraen a compra deste tipo de
dispositivos ante a posibilidade de adquirir un produto que, aÃnda que é máis
caro e menos axeitado para a lectura prolongada, resulta máis versátil, e
reaccionan cunha polÃtica de prezos máis agresiva, de xeito que agora o NOOK de Barnes & Noble estrea nos EE.UU. unha
versión que só inclúe conectividade Wi-Fi a un prezo de 149 dólares (121
euros) e reduce a versión que tamén inclúe 3G a 199 dólares (161,62 euros),
distanciándose considerablemente do iPad (que ten o seu modelo máis económico a
479 euros). Dende Amazon tamén seguen o mesmo camiño, e reducen o Kindle 2 a un prezo de 189 dólares
(153,50 euros), o que serÃa a segunda rebaixa dun dispositivo
que custaba no seu lanzamento 359 dólares.
Lembremos que o NOOK é un eReader que combina unha pantalla de papel
electrónico de 6 polgadas con 16 niveis de gris para a lectura de texto e unha
pantalla táctil capacitiva en cor de 3,5 polgadas dende a que controlar o
dispositivo e gozar das prestacións do sistema operativo Android 1.5 (o que
facilita a lectura de páxinas web ou o correo electrónico tanto na pantalla de
cor coma na pantalla de papel electrónico).