Os primeiros compradores poderán facerse cun Redmi Note 11 por 159,99 euros
xoves, 17 de febreiro do 2022
O mes pasado Xiaomi
presentou os seus novos Redmi Note 11 e 11S, un smartphones de gama media
bastante completos, que finalmente teñen data de chegada ao mercado español a
prezos bastante axustados, especialmente se atendemos á promoción de
lanzamento do modelo máis básico.
O Redmi Note 11 é un
smartphone con pantalla Full HD+ de 6,43 polgadas cunha velocidade de refresco
de 90 Hz, procesador Qualcomm Snapdragon 680, cámara traseira cuádrupla cun
sensor principal de 50 MpÃxeles, cámara frontal de 13 MpÃxeles, baterÃa de
5.000 mAh con carga rápida de 33 watts e modelos con 4 GB de RAM e 64 GB de
almacenamento, 4 GB de RAM e 128 GB de almacenamento e 6 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento a prezos oficiais de 199,99 euros, 229,99 euros e 259,99 euros
respectivamente, que sairán á venda o vindeiro dÃa 21, podendo adquirirse promocionalmente
a versión máis básica por só 179,99 euros (que entre as 12:00 horas e as 13:00
horas estarán dispoñibles 500 cupóns de desconto de 20 euros que deixarÃan o
móbil en só 159,99 euros).
O Redmi Note 11S
pola súa banda chegará cun procesador MediaTek Helio G96, unha cámara frontal
de 16 MpÃxeles e unha cámara traseira cun sensor principal de 108 MpÃxeles que
permite disparar imaxes a alta resolución ou agrupar 9 pÃxeles en 1 para
conseguir un bo rendemento en condicións de pouca luz. Venderase a partir do
dÃa 24 a un prezo de 249,99 euros para o modelo con 6 GB de RAM e 64 GB de
almacenamento interno, e a 279,99 euros con 128 GB de almacenamento interno.