Os primeiros Castlevania volven nunha colección conmemorativa

xoves, 16 de maio do 2019 Marcus Fernández

Dentro da celebración do 50º aniversario de Konami chega hoxe unha recompilación coas primeiras entregas da franquía de vampiros máis importante do mundo dos videoxogos, Castlevania Anniversary Collection, á venda por 19,99 euros para Xbox One, PlayStation 4, Nintendo Switch e PC, e que permitiranos revivir os clásicos atemporais que axudaron a definir o xénero de plataformas. Gozando destes xogos podemos introducirnos na historia do clan Belmont na súa loita contra Drácula.
Os xogos incluídos nesta colección son Castlevania, Castlevania II Simon’’s Quest, Castlevania III Dracula’’s Curse, Super Castlevania IV, Castlevania The Adventure, Castlevania II Belmont’’s Revenge, Castlevania Bloodlines e Kid Dracula (nunca publicado en inglés), que chegan acompañados por History of Castlevania - Book of the Crescent Moon, un libro electrónico con información dos desenvolvedores, os artistas e outros que se inspiraron no legado de Castlevania e axuda a coñecer un pouco mellor unha serie de xogos profundamente influínte.

PUBLICIDADE