Os portátiles ultralixeiros de LG estrean material no seu chasis
venres, 2 de xaneiro do 2026
LG Electronics aproveitará o escaparate do CES 2026 para presentar a súa nova xeración de portátiles LG gram, unha familia de equipos informáticos que reforza a súa identidade ultralixeira coa estrea do material Aerominum e cun enfoque claro na produtividade apoiada en intelixencia artificial tanto local como na nube.
O principal avance estrutural da gama é Aerominum, un composto desenvolvido pola propia LG que permite reducir aÃnda máis o peso dos equipos sen renunciar á resistencia. O chasis resultante mellora a protección fronte a rabuñaduras, cumpre estándares de grao militar e está pensado para un uso intensivo en mobilidade. A súa estrutura aeroplate e o acabado metálico con cepillado fino achegan un aspecto premium sen incrementar o volume.
No apartado funcional, varios modelos incorporan capacidades de IA dual, combinando procesamento local con servizos baseados na nube. Os novos LG gram son compatibles con Microsoft Copilot+ PC e integran gram chat con IA en dispositivo, apoiada na versión actualizada de EXAONE 3.5, o que permite asistencia intelixente rápida e privada mesmo sen conexión a internet. A isto súmase hardware de última xeración orientado a multitarefa avanzada e fluxos de traballo baseados en IA.
A conectividade tamén gaña peso na proposta de 2026. A función gram Link amplÃa as súas capacidades para facilitar o intercambio de ficheiros, o espello de pantalla e a transferencia de contidos entre dispositivos Android, iOS e equipos con webOS, incluÃdos televisores, monitores e proxectores de LG. Esta integración pretende eliminar as barreiras habituais entre sistemas operativos. En materia de seguridade, LG ThinQ permite bloquear ou borrar remotamente o portátil en caso de perda.
Entre os equipos desta gama destaca o LG gram Pro 16 (16Z90U), que se presenta como o portátil de 16 polgadas máis lixeiro da súa categorÃa con IA dual. Incorpora unha pantalla OLED WQXGA+ de 2.880 por 1.800 pÃxeles e procesadores Intel Core Ultra, orientados a un rendemento fluÃdo en escenarios de traballo intensivo.
O mercado estadounidense terán en exclusiva o modelo 17Z90UR, que aseguran que será o portátil de 17 polgadas con gráfica RTX máis lixeiro do mercado. O equipo combina un formato semellante ao dun portátil de 16 polgadas cun panel LCD WQXGA de 2.560 por 1.600 pÃxeles e unha GPU nVIDIA GeForce RTX 5050 Laptop GPU con 8 GB de memoria GDDR7, pensada para tarefas gráficas esixentes, creación de contidos e xogar.
