Os novos métodos na recuperación de información, a exame no CITIUS e da man de Yahoo!

xoves, 14 de xuño do 2012 Fernando Sarasketa

JPEG - 173.5 KB
Sede do CITIUS, no Campus Sur da Universidade de Santiago

Roi Blanco González, de Yahoo! Labs Barcelona, estará o vindeiro mércores 22 de xuño en Santiago para falar da Rede semántica, o novo paso da Internet (logo da etiqueta 2.0), e de xeitos eficaces e rendíbeis para botar man da información. A conferencia desenvolverase na sala de xuntas do Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago e vén da man do centro de investigación Citius, da USC.
A conferencia botará luz sobre o que hai alén de todas as ferramentas que temos ao noso alcance para volver sobre os datos previos. O relatorio preséntase baixo o seguinte epígrafe: Alén da recuperación de documentos empregando anotacións semánticas.
Entre outras cousas, abordaranse no seminario os máis recentes avances na extracción de texto que permiten xerar información semántica nos elementos presentes nos documentos de texto. En resumo, farase un percorrido polas innovación postas en xogo para afianzar novas experiencias na procura de datos e na navegación.

PUBLICIDADE