Os novos Galaxy S20 queren destacar polas súas cámaras
martes, 11 de febreiro do 2020
O evento en directo Galaxy
Unpacked 2020 serviu para desvelar os novos móbiles insignia de Samsung, os Galaxy S20,
que puxeron o acento en dous elementos caracterÃsticos: unha nova arquitectura
de cámara, que combina o meirande sensor deseñado por Samsung con intelixencia
artificial; e conectividade 5G para estar preparados para o futuro das
comunicacións.
Desta volta os móbiles insignia de Samsung chegan en con tres modelos
principais (Galaxy S20, Galaxy S20+ e Galaxy S20 Ultra), contando os modelos
máis básicos cunha cámara principal de 64 MpÃxeles (e zoom até 30x), mentres
que o S20 Ultra equipará unha cámara de 108 MpÃxeles (e zoom até 100x), de xeito
que podemos conseguir imaxes con grande detalle ou que poidan combinar os
pÃxeles de 9 en 9 para conseguir imaxes de grande calidade (especialmente baixo
pouca luz).
Estes móbiles tamén contará co modo Single Take, que permite que os usuarios
poidan inmortalizar os momentos capturando distintas imaxes e vÃdeos a través
de Live focus, recorte, Ultra Wide e outras opcións.
Tamén resulta interesante que estes novos smartphone poidan gravar vÃdeo en 8K,
resolución moi superior á demanda actual do público, pero que pode ser un xeito
de ter contidos compatibles cos novos televisores QLED 8K de Samsung, aÃnda que
de cara aos usuarios ordinarios o que
apuntan é que dos vÃdeos en 8K poderemos extraer fotografÃas con alta
resolución.
Un detalle a salientar destes novos teléfonos é que contan con pantalla de 120
Hz, co que prometen unha experiencia de xogo moi fluÃda, e para demostralo anuncian
que o xogo de Microsoft Forza Street estará dispoñible na Galaxy Store.
O Galaxy S20 ten unha pantalla Quad HD+ de 6,2 polgadas, 8 Gb de RAM no modelo
4G, 12 GB de RAM no modelo 5G, 128 GB de almacenamento interno, cámara traseira
tripla cun sensor principal de 64 MpÃxeles, baterÃa de 4.000 mAh con carga
rápida e carga sen fÃos, Wi-Fi 6, Bluetooth 5.0, altofalantes e auriculares de
AKG, e un prezo que parte dos 909 euros para o modelo 4G, e que incrementarÃa o
seu prezo en 100 euros se queremos adquirilo con conectividade 5G.
O Galaxy S20+ terá unha pantalla Quad HD+ de 6,7 polgadas, cámara traseira
cuádrupla con sensor principal de 64 MpÃxeles, 8 Gb de RAM e 128 GB de
almacenamento no modelo 4G, 12 GB de RAM e 128/256/512 GB de almacenamento no
modelo 5G, e 4.500 mAh de baterÃa cun prezo que parte dos 1.009 euros para o
modelo 4G (o modelo con 5G e 512 GB de almacenamento chegarÃa até os 1.259
euros).
Pero o modelo máis impresionante é o Galaxy S20 Ultra, que custa 1.359 euros
con 128 GB de almacenamento e 1.559 euros con 512 GB de almacenamento. Ten unha
pantalla Quad HD+ de 6,9 polgadas e baterÃa de 5.000 mAh, que destaca pola súa
cámara cuádrupla que permite realizar zoom óptico hÃbrido de até 10x e un zoom
de súper resolución de 100x, fronte ao 30x dos modelos anteriores. Este potente
smartphone venderase a 1.359 euros con 128 GB de almacenamento e a 1.559 euros
con 512 GB de capacidade.
Os compradores que reserven algún destes smartphones antes do 8 de marzo (pois
chegarán ao mercado o 9 de marzo) recibirán sen custo adicional uns auriculares
sen fÃos Galaxy Buds+, accesorio con son de AKG que presumen dunha autonomÃa de
11 horas que pode ampliarse 11 horas máis grazas ao seu estoxo de carga.
VÃdeo de presentación do Samsung Galaxy S20 Ultra