Os mapas de Google integrarán o seu tradutor para axudarnos nas viaxes
mércores, 13 de novembro do 2019
Durante as viaxes Google Maps é un servizo que cada vez
resulta de maior utilidade, xa que, aparte dos mapas para orientarnos e obter
indicacións nos desprazamentos, tamén permite descubrir os mellores restaurantes
no contorno e incluso facer reservas de hotel e, para continuar a engadir
funcionalidades prácticas están a integrar
agora Google Translate.
A incorporación do tradutor a Google Maps permite que o teléfono pronuncie o
nome e o enderezo que desexemos no idioma do lugar (facilitando asà que nos
deamos a entender cando non sabemos o idioma do paÃs que visitemos) e incluso
facilitará un atallo para acceder a Google Translate, para axudar asà a manter
unha conversa (lembremos que o tradutor de Google permite realizar traducións
consecutivas entre dúas linguas).
A tecnoloxÃa de texto a voz detecta automaticamente o idioma do teléfono para
determinar os lugares nos que pode ser necesaria a axuda para traducir, ou
sexa, que se temos o teléfono en español e buscamos lugares de interese no
Xapón veremos a nova icona do altofalante xunto ao nome e enderezo dos lugares.
Esta nova funcionalidade chegará a Android e iOS este mesmo mes.