Os investigadores Miguel Anxo Pérez e Pablo Gutiérrez-Asorey comparten os seus proxectos nos Almorzos TIC Talk

venres, 1 de decembro do 2023 S. P.

Este martes 28 de novembro, ás 10.00 horas, celebrouse na Sala Cloud do CITIC o décimo sexto Almorzo TIC Talk. O investigador do CITIC Miguel Anxo Pérez Vila inaugurou a sesión co relatorio Semantic Similarity Models for Depression Severity Estimation.
En segundo lugar, Pablo Gutiérrez-Asorey impartiu Compact Data Structures and Indoor Trajectories. Nela deu unha introdución ao concepto de Estruturas de Datos Compactas, representacións comprimidas de información con capacidades de auto-índice que permitan consultar directamente os datos comprimidos sen necesidade de pasar por un proceso de descompresión tradicional. Probouse a utilidade desta rama da investigación explorando a construción dunha Estrutura de Datos Compacta para traxectorias en interiores. Concretamente, traxectorias nunha residencia de maiores. Esta estrutura formou parte do desenvolvemento dunha tese de doutoramento en proceso centrada en Estruturas de Datos Compactas para problemas de mobilidade.
Os almorzos TIC Talk celébranse mensualmente no CITIC para reunir ao persoal investigador do centro. Así, poden dar a coñecer os seus traballos e promover a comunicación entre os participantes e o público asistente.