Os ingresos de Fortnite poderÃan ter caÃdo un 48% en xaneiro
luns, 25 de febreiro do 2019
Dende SuperData advirten de que no mes
de xaneiro os ingresos de Fortnite
experimentaron unha caÃda mensual do 48%, ou sexa, que tras un mes de
decembro rexistrando o seu máximo en ingresos, o grande éxito de Epic Games
está a padecer un importante freo que irÃa na liña da recesión xeral do sector (este xaneiro
rexistrou unha caÃda interanual de ingresos nos xogos en dixital dun 6%), pero o
tamaño acadado por Fortnite fai que a
presumible costa de xaneiro sexa moito
máis pronunciada.
Estes datos serán moi preocupantes para Epic, xa que en
febreiro chegou Apex Legends¸ un
serio competidor de Fortnite
que, pese a non contar con versión para
móbiles, está a captar moita atención do público, de xeito que poderiamos estar
a vivir o comezo da fin do fenómeno de Fortnite,
para converterse nun xogo masivo en liña máis e non nese xigante que conmocionou
ao sector de videoxogos e provocou que varias franquÃas consolidadas non conseguisen
o éxito de anos anteriores durante a campaña de Nadal.
O feito de que en
abril vaian comezar as fases clasificatorias para o mundial de Fortnite poderÃa axudar a
contrarrestar a caÃda que está a experimentar o xogo de Epic Games, pero toca esperar
para ver canto tempo pode manterse un tÃtulo nunha posición tan dominante.