Os iPad Air perden o seu apelido
martes, 21 de marzo do 2017
Esta mañá pechou temporalmente a tenda en liña de Apple para
recuperar a súa actividade con novidades como unha
edición especial do iPhone 7 en cor vermella para recadar cartos para o Fundo
Mundial de loita contra o VIH e a desaparición dos populares iPad Air 2
para verse renovados estes trebellos con simple nome de iPad, simplificando asÃ
o catálogo de tabletas de Apple, que queda composto só por 3 liñas: iPad Pro (de
12,9 e 9,7 polgadas), iPad e iPad mini 4.
O novo iPad ten unha pantalla
Retina de 9,7 polgadas, incorpora un procesador A9 de 64 bits, mantén as súas
10 horas de autonomÃa e véndese en tres cores (prata, ouro e gris espacial) a
prezos que parten dos 399 euros para a versión Wi-Fi con 32 GB de capacidade
(mentres que o modelo con 128 GB de almacenamento sube 100 euros o seu prezo e
contar con conectividade 4G suporÃa un incremento de prezo de 160 euros).
Estamos ante unha renovación do catálogo de Apple que deixa nunha situación
bastante comprometida ao iPad mini 4, que partirÃa dun prezo de 479 euros, xa
que só está á venda cunha capacidade de 128 GB, de xeito que deixarÃa de
considerarse o iPad de entrada, para pasarlle o relevo ao modelo de 9,7
polgadas.
- Os novos iPad véndense en tres cores e 2 capacidades de almacenamento (32 e 128 GB)