Os grandes xogos de Halo completan o seu lanzamento en PC e adáptanse ás novas Xbox
martes, 17 de novembro do 2020
Levamos
bastantes meses recibindo con contagotas en PC os xogos que compoñen o Halo:
The Master Chief Collection, e o último tÃtulo que faltaba para completar a
colección por fin está aquÃ: Halo 4.
Deste xeito nos xogos principais da saga de Halo están dispoñibles para
Xbox One e PC (a través de Steam e da tenda de Windows 10), pero non quixeron
deixar a cousa aÃ, e hoxe
tamén incorporaron a súa optimización para Xbox Series X/S, de xeito que
nas novas consolas será posible gozar da súa campaña e multixogador a 120
fotogramas por segundo, podendo chegar os gráficos até 4K en Xbox Serie X e até
Full HD en Xbox Series S. O xogo tamén conta con campo de visión axustable e multixogador
a pantalla partida.
AÃnda que este recompilatorio pode adquirirse a un prezo máximo de 39,99 euros,
ao estar incluÃdo en Xbox Game Pass está aberto a un número de xogadores impresionante,
de xeito que a maiorÃa de usuarios dunha consola Xbox ten facilidades para
gozar das distintas entregas dunha saga que definiu esta plataforma e que, por
desgraza, non conseguiu estrear unha nova entrega a tempo para o lanzamento das
novas consolas, de feito, Halo Infinite,
que terÃa que terse lanzado esta semana, pode considerarse un xogo con data de
lanzamento indeterminada, sendo incluso posible que non cumpra coa promesa de
ver a luz ao longo de 2021, se dende 343 Industries non conseguen que chegue aos
estándares de calidade que debe cumprir un tÃtulo dunha franquÃa tan
emblemática.