Os galegos gastaron o ano pasado unha media de 864 euros en compras en liña
mércores, 14 de xaneiro do 2015
Segundo datos extraidos do Observatorio
Cetelem 2014 Ecommerce, o gasto medio dos galegos en compras en
liña ao longo do ano que vimos de deixar atrás foi de 864 euros.
Estas e outras informacións, extraidas
pola Revista do Eixo Atlántico, constatan que aÃnda nos queda
camiño por percorrer, xa que estamos uns 400 euros por baixo da
media española, cunhas compras que suman os 1.330 euros. Os produtos
máis mercados polos galegos foron libros-música, entradas de
espectáculos e viaxes. Ademais, un 77% paga a través de PayPal
fronte ao 71% da media.
Por outra banda, o informe do Observatorio tamén
sinala que cando formalizamos unha operación de compra, inclinámonos
polo domicilio propio para levar a cabo o proceso de remate, e asÃ
asegura facelo o 98% dos compradores en liña da nosa terra. No que
atinxe á tecnoloxÃa usada para estes procesos, o computador persoal
segue a ser o preferido pola maiorÃa dos nosos internautas, cun 79%
rematando as compras única e exclusivamente a través do computador,
sendo a media española do 76%.
O devandito informe á a
primeira edición dos estudos sobre comercio electrónico da empresa
francesa Cetelem. Trátase dun novo estudo para analizar as compras
online dos cidadáns españois en distintos sectores da
distribución tradicionalmente estudados polo Observatorio Cetelem:
electrodomésticos e tecnoloxÃa, móbeis e descanso, cociña,
telecomunicacións, deportes, bicicletas, automóbil, moto, piscinas,
reformas, eventos e viaxes. Os datos analizados e as reflexións
vertidas nesta edición do Observatorio Cetelem eCommerce 2014
obtivéronse a partir da enquisa en liña a 1.343 consumidores e de
entrevistas persoais a unha escolma expertos e empresarios do
comercio electrónico.
O Observatorio Cetelem publÃcase nos paÃses nos
que ten presenza a compañÃa francesa (Alemaña, Bélxica, España,
Francia, Italia, Portugal, HungrÃa, República Checa, Serbia,
Eslovaquia, Polonia, RomanÃa), TurquÃa (mercado del automóbil),
Rusia e en Brasil.