Os estudantes universitarios poden gozar dun ano de balde do plan Google AI Pro
luns, 13 de outubro do 2025
Google anunciou unha nova iniciativa coa que pretende achegar a súa tecnoloxÃa de IA ao estudantado universitario de España sen custo económico. Ofrece de balde durante un ano o plan Google AI Pro, que permite acceder ás versións máis avanzadas das súas ferramentas de IA, incluÃdo o modelo Gemini 2.5 Pro, co obxectivo de que os estudantes poidan mellorar a súa creatividade, afondar nas súas aprendizaxes e prepararse para o mercado laboral do futuro.
Os maiores de 18 anos poden rexistrarse ata o 9 de decembro para obter un plan gratuÃto de doce meses que inclúe acceso ampliado a Gemini 2.5 Pro, Deep Research, NotebookLM, o xerador de vÃdeo Veo 3, a ferramenta de imaxe Nano Banana e 2 terabytes de almacenamento en Google Fotos, Drive e Gmail.
Google subliña que a intelixencia artificial pode facilitar o acceso ao coñecemento en todo o mundo, permitindo que calquera persoa aprenda o que desexe con máis profundidade. Para iso, desenvolveu o modo de aprendizaxe guiada en Gemini, que actúa como un titor virtual capaz de acompañar o alumno paso a paso na resolución de problemas matemáticos, na redacción de ensaios ou na preparación de exames.
A compañÃa destaca tamén o potencial creativo destas ferramentas. Co novo modelo Nano Banana é posible reimaxinar fotografÃas, crear prototipos ou deseñar conceptos visuais, mentres que con Veo 3 os usuarios poden transformar textos e imaxes en clips cinematográficos de ata oito segundos, útiles para proxectos audiovisuais ou presentacións.
Paralelamente, Google ampliou o acceso ás súas solucións para docentes a través de Gemini for Education, dispoñible sen custo adicional en todas as edicións de Google Workspace for Education. Esta versión incorpora máis de trinta novas funcións pensadas para mellorar a planificación, a creación de contidos e a eficiencia nas aulas.
