Os espertadores-lámpada de Philips incorporan base para o iPod/iPhone
venres, 31 de xullo do 2009
A tecnoloxÃa Wake-up
Light de Philips, que busca un espertar natural para as persoas mediante unha
lámpada de iluminación progresiva á hora programada para simular o amencer á
vez que pode reproducir sons predefinidos (coma paxaros no bosque, a xungla ou
un lixeiro pitido), actualÃzase e agora o espertador
modelo HF3490 incorpora unha base
para iPod/iPhone, de xeito que serve para base para o noso
reprodutor multimedia.
Estes esperadores xa contaban con radio FM integrada en varios modelos (como o
mencionado) pero coa base para o iPod/iPhone non só poderá cargar o reprodutor
multimedia, senón que tamén poderá reproducir o tema musical da nosa elección subindo
progresivamente o seu volume (como tamén fai coa intensidade de luz da lámpada)
o que permite un espertar lixeiro e agradables, como alternativa aos
sobresaltos dos espertadores tradicionais.
A Philips Wake-up Light HF3490 sairá á
venda nas vindeira semanas por 189,95 euros.