Os equipos convertibles con Windows 8.1 acadan prezos moi competitivos
mércores, 22 de outubro do 2014
Microsoft leva meses prometendo que este outono chegarán ao
mercado numerosos equipos con Windows 8.1 a prezos moi asumibles, e como grande
exemplo diso anuncian agora que a mediados de novembro chegará á cadea
norteamericana Walmart o novo tablet Nextbook 10.1
incluÃndo un teclado Pogo a
un prezo de só 179 dólares (141,08 euros) polo que serÃa un dos
convertibles máis económicos que podemos atopar nun mercado occidental e que
aceptará reservas dende mañá mesmo.
O Nextbook 10.1 é un
equipo 2-en-1 cunha pantalla táctil IPS de 10,1 polgadas cunha resolución
de 1.280 x 800 pÃxeles, que funciona cun procesador Intel Atom Z3735G de catro
núcleos a 1,8 GHz, 1 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno ampliable mediante
tarxetas microSD de até 64 Gb, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, micro USB, cámaras de 2
e 0,3 MpÃxeles, saÃda micro HDMI, baterÃa de 6.000 mAh, sistema operativo
Windows 8.1 (con Bing), un ano do servizo Office 365 (que aparte das
aplicacións ofimáticas de Microsoft tamén inclúe 1 Tb de espazo en OneDrive e
60 minutos ao mes en chamadas telefónicas internacionais a través de Skype) e
20 Gb de almacenamento en OneDrive. Un equipo que pode servir perfectamente
para navegar pola web, consumir contidos multimedia, realizar videoconferencias
e facer uso de ferramentas ofimáticas, de xeito que pode resultar moi axeitado
para estudantes que precisen dun equipo básico e non queiran realizar un grande
investimento.
- O teclado Poco tamén protexe o tablet durante o seu transporte, converténdoo practicamente nun ordenador portátil tradicional
VÃdeo promocional do novo tablet convertible con Windows 8.1