Os enxeñeiros de Telecomunicacións reuníronse co presidente da Xunta

martes, 27 de decembro do 2016 Redacción

A pasada semana, o martes 20 de decembro, o presidente da Xunta reuníase cos representantes do Consello Galego de Enxeñerías (CGES), do que forman parte os 8 colexios oficiais de enxeñería regulada de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG). No dito encontro, representado polo secretario do COETG (Ramón Mª Lois Santos), amais dos representantes do resto de colexios oficiais que forman o CGES, tratáronse varios temas cun eixo común: o progreso de Galicia e da sociedade galega.
Pola súa banda, o presidente da Xunta louvou a visión integradora destes 8 colexios oficiais ao crear o CGES coa finalidade de unificar esforzos a prol dos intereses comúns da sociedade.
O CGES está formado polos colexios profesionais de Galicia de Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, Enxeñeiros ICAI, Enxeñeiros Industriais, Enxeñeiros de Minas, Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Navais e Oceánicos e Enxeñeiros de Telecomunicación. Esta nova entidade é unha asociación con vontade de promover a coordinación e buscar sinerxías entre as diferentes pólas da enxeñería, alén de pasar a ser o representante da enxeñería diante das Administracións Públicas, entidades e institucións galegos.

PUBLICIDADE