Os editores de Elige tu propia aventura denuncian a Netflix
venres, 11 de xaneiro do 2019
O
episodio interactivo da serie Black Mirror
está a converterse en todo un fenómeno, pero Bandersnatch tamén está a ser unha fonte de conflitos, incluso no
ámbito xudicial, xa que Chooseco,
empresa editora nos EE.UU. da serie de libros de Elige tu propia aventura demandou a Netflix por Black Mirror: Bandersnatch.
AÃnda que o mero feito de que Netflix citase de xeito recorrente a marca Elige tu propia aventura á hora de
propocionar Bandersnatch xa poderÃa
ser un problema, Chooseco vai máis aló ao desvelar levan dende comezos de 2016 en
negociacións con Netflix para licenciar a marca, pero sen chegar a facerse
cunha licenza, e incluso antes do lanzamento de Bandersnatch Chooseco xa remitira a Netflix un comunicado
instándoos a deixar de usar a súa marca á hora de promocionar outras series de
televisión.
Na
demanda presentada Chooseco asegura que os espectadores están confundidos
polas referencias á súa marca, o que está a prexudicar á súa reputación, xa que
prodúcese unha asociación entre os libros xuvenÃs e unha ficción escura como Black Mirror.
Chooseco reclama un mÃnimo de 25 millóns de dólares en danos ou en función dos
beneficios de Netflix (a cantidade que resulte maior), e haberá que ver como
evoluciona a causa que, cando menos, está a pór de actualidade unha vella
franquÃa que demostra ter potencial na actualidade, xa que está nun punto
intermedio entre a literatura e os videoxogos, sendo a barreira entre estas
narrativas moi difusa en certas producións.