Os dispositivos Portal de Meta din adeus

venres, 11 de novembro do 2022 Marcus Fernández

En 2018 Facebook presentou toda unha serie de produtos baixo a marca Portal para facer máis naturais as videoconferencias, e aínda que estes trebellos ofrecían grandes funcionalidades (como a posibilidade de realizar videoconferencias de WhatsApp) e de cando en vez tiñan ofertas agresivas que podían facer apetecible a súa compra, contaban co grande atranco de que a xente non confía en que Facebook respecte a intimidade dos usuarios que coloquen ese tipo de dispositivos no fogar. Ante iso, non sorprende que, agora que Meta está a encarar despedimentos masivos, transcenda que van abandonar a división de Meta Portal.
De feito, Meta abandonaría non só Portal, senón tamén uns rumoreados reloxos conectados que aínda non se chegaron a presentar, de xeito que os únicos produtos de hardware nos que seguiría a traballar Meta serían os cascos de realidade virtual.
Actualmente os produtos Meta Portal xa non poden adquirise dende España.

PUBLICIDADE