Os discos duros externos eSATA Samsung STORY chegan aos 2 Tb de capacidade

martes, 24 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Samsung porá á venda no que resta de mes o novo disco duro externo STORY Station Plus, que é unha unidade de 3,5 polgadas con ata 2 Tbytes de capacidade que aparte de conectarse ao PC a través de USB 2.0, tamén conta con conectividade eSATA, de xeito que permite velocidades de transferencia de ata 3 Gbps, multiplicando por 6 a velocidade do USB 2.0 (480 Mbps).
Este disco duro combinaría así a velocidade de eSATA coa universalidade do USB, e tamén destaca polo seu aforro de enerxía, posto que en espera só consume 0,1 vatios fronte os habituais 2,5 vatios deste tipo de dispositivos. A súa carcasa de aluminio tamén achégalle un elegante acabado e unha boa disipación de calor.
A versión de 2 Tb do STORY Station Plus sairá á venda en breve por 299 dólares (199,48 euros).

PUBLICIDADE