Os desenvolvedores de Mac xa poden gozar da VR cun accesorio externo
martes, 6 de xuño do 2017
Durante a WWDC Apple
anunciou que van comezar a permitir o desenvolvemento de realidade virtual,
para o que os equipos actuais tiñan un grande atranco (a falta de tarxetas
gráficas optimizadas) o que inicialmente van solucionar mediante o uso de
gráficas externas a través de Thunderbolt 3, de xeito que incluso un ordenador
portátil poderá equiparse coa potencia dabondo para poder traballar con
solucións como HTC Vive.
Para que os desenvolvedores poidan comezar xa a traballar Apple ofrécelles en
primicia un
kit de desenvolvemento de VR composto por unha caixa externa cunha fonte de
alimentación de 350 watts que inclúe uno seu interior unha gráfica AMD Radeon
RX 580 con 8GB de memoria, compatible con cascos de realidade virtual, o que permitirá
que os que se fagan con este dispositivo poidan comezar a traballar con SteamVR
e varios motores gráficos adaptados ás VR (Unity e Unreal Engine) dende Mac
facendo uso da beta de macOS High Sierra, sistema operativo que incluirá a
tecnoloxÃa Metal 2 e o soporte de gráficas externas.
Os consumidores tardarán bastante en poder gozar da realidade virtual en Mac,
xa que non
se prevé que o soporte de gráficas externas chegue de xeito xeral até primavera
de 2018.